martes, 5 de febrero de 2019

Contáronme unha vez...



O APALPADOR E OS NENOS FAMENTOS 
                    
Contan as lendas que en Noiteboa baixa o apalpador das montañas, un home que naceu no Courel e vai por toda Galicia vendo se os nenos pasaron fame durante o ano.
Unha noite de Nadal, o apalpador foi a unha casa e viu a catro nenos duns 8 ou 9 anos que vivían sós.
Non tiñan leña para quentarse, pasaban moito frío e non tiñan que comer.
O apalpador ó velos deulle pena e decidiu deixarlles un saco de carbón para que puideran quentarse e comer as castañas que lles deixara de agasaio. Os nenos o despertarse puxéronse moi contentos e agradecidos do que lles había traido.
Durante o verán seguinte, decidiron coller paíños que atoparon no bosque e así ter previsión para o inverno.
Cando se aproximaba o seguinte Nadal o panadeiro deulles unha torta de chocolate. Os nenos gardárona para que o apalpador puidese repoñer forzas para axudar a outros.

Noraboa F.A.B.S (6º Educación Primaria)!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...