domingo, 3 de marzo de 2019

O ENTROIDO CHEGOU A VILARIÑO!

O alumnado do CEIP San Martiño de Vilariño de Conso vístese de gala para celebrar o Entroido 2019 rodeados de boteiros, máscaras, folións e disfraces.

O xoves 28 febreiro o alumnado fixo unha saída ó CEIP Bibei de Viana do Bolo coa finalidade de compartir estas datas tan sinaladas. Os alumnos e mestres do noso centro desfilaron disfrazados dos protagonistas de "Grease" polas rúas da vila e puideron disfrutar dunha xornada de convivencia estupenda e repleta de anécdotas. Moitas grazas pola vosa amabilidade e atención!




Non só se se fixeron saídas, senón que o alumnado realizou manualidades e tarefas de investigación sobre o entroido en Galicia para realizar un mural e decorar o centro. 
Aquí vos deixamos unha mostra!

              
                  DIEGO (3º EP)                                                                               ALONSO (6º EP)                                                                       



                   ESTEBAN (4ºEP)                                                                      UXÍA (6º EI)



                                                                     MARIO (3ºEP)





 Ademáis, durante unha semana vestímonos seguindo os mandatos do Meco, empregando vestimentas e complementos que atopamos na casa.



O venres 1 de marzo foi o gran día, o entroido chegou ao cole e grazas as familias e veciños/as puidemos gozar dunha mañá divertida e repleta de emocións que quedarán no noso recordo.

                                 Fonte externa: ASCER Mormentelos



O profesorado do centro queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible que se puidese celebrar este acontecemento; especialmente, as familias do alumnado que colaboraron aportando os seus coñecementos e tempo para facer destas datas un recordo inesquecible.
Bo entroido!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...