lunes, 4 de febrero de 2019

Contáronme unha vez...

Esta semana ofrecémosvos un novo conto que estamos a elaborar no "Taller de escritura". A nena de 5 anos quérevos ensinar a súa creación, a cal inventou coa axuda dos mestres e posteriormente debuxou con moito esmero.
Todos dámosche a noraboa U.S.C!

A HISTORIA DE UXÍA E A BOLBORETA

UXÍA É UNHA NENA QUE VIVE EN MORMENTELOS. GÚSTALLE XOGAR COAS SÚAS AMIGAS NOA E PAULA.


O QUE MÁIS LLES GUSTA É RECOLLER FLORES E ATRAPAR BOLBORETAS. AINDA QUE, DESPOIS DESPÍNDENSE DELAS E SÓLTANAS.


UN DÍA, MENTRAS PASEABAN POLO BOSQUE ATOPARON UNHA BOLBORETA FERIDA, UNHA DAS SÚAS PATIÑAS ESTABA ROTA. 


UXÍA E AS SÚAS AMIGAS AXUDÁRONA. ELAS DECIDIRON LEVALA PARA A CASA, DARLLE DE COMER E BEBER E DESPOIS SOLTALA.


PASADOS UNS DÍAS, AÍNDA QUE ESTABAN TRISTES, TÍÑANA  QUE SOLTAR. DIXÉRONLLE ADEUS E DEIXÁRONA IR.


O QUE MÁIS LLE GUSTABA A UXÍA ERA VER AQUELA BOLBORETA POLAS MAÑÁS CANDO ÍA Ó COLE NO AUTOBÚS. DESDE AQUEL DÍA SEMPRE FORON AMIGAS E A NENA AXUDOULLE A QUE NON TIVERA MÁIS MEDO, NIN TAN SEQUERA ÓS CROCODILOS.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...