lunes, 1 de abril de 2019

Visita ó teatro!

Bo día a todos e todas!
Na entrada de hoxe queremosvos mostrar, cun pequeno resumo, a saída realizada o venres 29 de marzo ó Auditorio Municipal de Ourense.
Con esta actividade, queríamos conmemorar ó Día Mundial do Teatro (27 de marzo) e aprender desta rama das artes escénicas de xeito práctico.
A obra escollida foi "Bon Appètit" do Teatro dos Ghazafellos, na cal ó alumnado puido disfrutar dunha actuación teatral moi entretida na que houbo unha combinación de teatro, música e títeres.
Nesta comedia tres chefs de orixe francesa deciden experimentar e indagar no arte da cociña galega grazas a un libro de recetas escrito por Álvaro Cunqueiro. Durante a actuación desenvolvense diversas tramas nas que afloran os malentendidos, as desventuras e as solucións que aportan a cada prato. Despois  da obra, visitamos a exposición de esculturas do museo provincial e demos un paseo pola cidade.  
Tras rematar ambas actividades tivemos tempo para compartir as opinións e salientar os aspectos que máis nos chamaron a atención; mentras disfrutamos dun xantar esquisito no centro comercial e regresamos o noso cole!.
En definitiva, o alumnado e os mestres disfrutamos dunha xornada moi interesante e divertida que esperamos repetir proximamente!.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...