viernes, 22 de marzo de 2019

Martiño, unha aposta polo futuro.

O medio ambiente é un recurso fabuloso para aprender coñecementos, compartir experiencias e disfrutar de cada unha das marabillas que nos ofrece. Os mestres e os/as alumnos/as do centro están comprometidos co respeto do entorno natural e decidimos aportar o noso graniño de area en Vilariño de Conso.
Por este motivo, o alumnado participou na actividade "V Semana da Árbore e da Auga" promovida pola Deputación de Ourense, na que se realizaron e se levarán a cabo, ó longo das próximas semanas, diversas actividades de concienciación e respeto polo medio natural.
A continuación amosamosvos unhas fotografías dunha das actividades recollidas no proxecto que consiste na plantación dun bidueiro, o cal o noso alumnado decidiu chamar Martiño.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...