jueves, 4 de abril de 2019

Se eu fose unha pinguiña ...

Continuamos unha semana máis co noso Taller de Educación Ambiental. Esta semana decidimos adicalo a auga, elaborando unha gotiña viaxeira moi personalizada.
Coa  nosa pinguiña puidemos imaxinar que eramos unha gota que a choiva deixaba caer en océanos, mares, ríos, pequenos regatos ou fontes de calquer lugar da terra. Nunha notiña puxemos as marabillas que nos gustaría atopar e experimentar no noso percorrido e tamén reflexionamos sobre o que non nos gustaría encontrar derivado da contaminación. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do mural que realizamos. Esperamos que vos guste!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...