domingo, 14 de abril de 2019

Aprendemos creando...

O venres levouse a cabo, na sesión de Educación Artística, unha manualidade que permitiu afianzar os contidos aprendidos sobre o ciclo da auga. Con ela descríbese o proceso de circulación da auga polos distintos compartimentos da hidrosfera.




Para a realización da manualidade foi preciso empregar os seguintes elementos:

  • Platos de plástico.
  • Rotuladores permanentes, pinturas e temperas.
  • Plastificadora con láminas.
  • Encuadernadores de doble pata.




Por outro lado, queremos informarvos que a nosa pequena pero gran familia escolar vai aumentando gracias a incorporación recente de tres novos/as alumnos/as que contribuirán co proceso de ensino e aprendizaxe.
Desexamosvos a todas as familias e demáis membros da comunidade educativa unhas felices vacacións de Semana Santa! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...