lunes, 3 de diciembre de 2018

Queres que che conte un conto?

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Pesoas con discapacidade. Dende a sección de biblioteca queremos colaborar coa sensibilización para que os dereitos de todos e de todas sexan respetados, polo que mostramosvos unha lectura recomendada.
O conto escollido titúlase "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier,e é unha lectura na que a través de ilustracións e un texto moi sinxelo explica a historia de Lorenzo. Este neno ten un cazo vermello que arrastra a todos lados, o cal en moitas ocasións, resúltalle moi incómodo. Lorenzo ten moitas cualidades, pero os demais só ven o seu cazo. 
Trátase dun conto metafórico para falar das diferenzas e as dificultades que un neno ou unha nena con discapacidade se pode atopar no seu día a día. 


Deixamos un enlace ó vídeo-conto e desexamos unha boa lectura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...