jueves, 20 de diciembre de 2018

Bo nadal!


Nestas datas tan sinaladas, o equipo docente queremos desexarvos unhas felices festas navideñas e un bo inicio do ano 2019.


Os nenos e a nena do CEIP "San Martiño" decoraron o centro con moita ilusión e elaboraron diversos diseños decorativos que vos queren ensinar:






1. Bonecos de neve. É unha manualidade moi sinxela, que consiste en encher de arroz un calcetín. Coa axuda dun cordón moldease a figura ata conseguir o efecto desexado. Posteriormente, dámoslle a volta o calcetín para darlle forma ó gorriño. Finalmente decoramos con rotuladores de cores o noso boneco.


2. Papá Noel para colgar na árbore de Nadal. Nunha cartolina debuxamos a silueta da man e decorámoslle un anaco da palma e o dedo polgar de cor vermella.  A continuación con algodóns e cola branca imos pegando cada trociño nos demáis dedos para facerlle a barba. Por último, debuxamos o rostro de Papá Noel e poñemoslle un cordonciño para poder colgalo na nosa árbore.

3. Belén. Para a realización do Belén, o mestre de relixión e o alumnado decorou cada unha das figuriñas e elaboraron un mural que representa a chegada dos Reis Magos para ver a Xesús.





Esperamos que vos gustasen as manualidades e desexamosvos BO NADAL!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...