domingo, 24 de febrero de 2019

Horto ecolóxico

Unha das actividade propostas neste curso para todo o alumnado foi a creación dun horto ecolóxico. O alumnado, de xeito coordinado, foi o encargado de levar a cabo esta labor coa axuda dos mestres. Para comezar foi preciso: un estudo previo do terreo (valorar aspectos como a luz e ventilación), seleccionar as especies que se ían empregar, abonar o espazo e comezar co proceso de plantación. 
 As especies escollidas para o noso horto foron: allos, chícharos, escarolas, repolos e nabizas. Aquí vos deixamos unha mostra para que vexades como van crecendo!







Con este proxecto pretendemos fomentar o traballo en equipo, inculcar valores de respeto e coidado da natureza, infundir a importancia da responsabilidade, favorecer unha alimentación sa e equilibrada e potenciar o cultivo de plantas autóctonas. En definitiva, unha actividade que require moito esforzo e paciencia, pero da cal podemos aprender moito!.
Noraboa a todos/as polo voso horto! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...