viernes, 8 de marzo de 2019

Día Internacional da Muller

O 8 de marzo foi declarado pola Organización de Nacións Unidas (ONU) o día internacional da muller. 

A data escollida ten a súa orixe nas manifestacións de miles de traballadores téxtiles nas rúas de Nova York con lema "Pan e rosas" para reivindicar os recortes de horarios, as condicións laborais, defender os seus dereitos e poñer fin ao traballo infantil. 

Independentemente deste acontecemento, foron moitas as mulleres que tiveron relevancia na historia que destacaron en diversos campos como a literatura, a ciencia, o arte, a política, etc. 
Aquí vos deixamos un vídeo que fai un pequeno repaso histórico no que se observa como as mulleres se abriron paso nun camiño complicado.




O noso alumnado está comprometido coa loita das mulleres pola igualdade e recoñece o seu esforzo, especialmente o de aquelas que teñen ó seu lado ou que estiveron nalgún momento. Os nenos e a nena do colexio elaboraron un mural para recordar algunha das mulleres que máis admiran da súa vida. Aquí vos deixamos unha imaxe do seu traballo. Esperamos que vos guste!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...