jueves, 21 de febrero de 2019

EXCURSIÓN A XUNQUEIRA DE AMBÍA


O entroido está a piques de chegar a todas as vilas do país, é en especial, a Vilariño de Conso.

O xoves 21 de febreiro, o alumnado, as familias e dúas mestras do centro emprenderon rumbo ó “CEIP Padre Crespo” de Xunqueira de Ambía para contarlles os nenos e as nenas deste colexio a singularidades que fan único o entroido de Vilariño de Conso.

O trato recibido no centro foi esquisito; e grazas ó profesorado, ó alumnado, á cociñeira e demáis persoas que asistiron puidemos gozar dunha xornada de aprendizaxe mutuo.


Os pais e a nai que participaron na actividade foron os encargados de mostrar os traxes de boteiros e máscaras característicos dalgúns pobos de Vilariño de Conso, os instrumentos que compoñen os seus folións e de contar a experiencia persoal que supón preparar, organizar e participar nun acontecemento tan especial.


O profesorado do centro quere agradecer o CEIP Padre Crespo, e en especial a Paula (antiga mestra do noso centro) e ao seu director Xavier, a súa amabilidade e acollemento nesta xornada de convivencia entre centros. Por outro lado, tamén queremos dar as grazas e a noraboa as familias pola súa entrega, dedicación e por facernos partícipes dunha tradición cultural  tan fermosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...