miércoles, 21 de noviembre de 2018

Localización

O CEIP San Martiño está situado en Vilariño de Conso en Ourense. Un fermoso lugar da comarca de Viana no que poderás disfrutar dunha paisaxe máxica.
Polo concello atoparás ríos, pequenos regatos, fervenzas e unha riqueza na fauna e na flora que fan inesquecible esta viaxe.
Durante o outono e inverno é un lugar tranquilo; aínda que no entroido atoparás moitos visitantes admirando o que ofrece a contorna. Este festividade é das máis sonadas na provincia; xa que conserva unha esenza natural que o fai único. Nel atoparás os "Boteiros" (a personaxe máis popular do entroido), os folións e a tamborrada. O día grande é o domingo de entroido, onde poderás disfrutar da Festa do Cabrito, declarada Festa de Interese Turístico.
En definitiva, é un fermoso lugar para vivir e disfrutar dun dos recuchos do rural máis fermosos.
Deixamos unhas imaxes obtidas da páxina web do Concello de Vilariño de Conso 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...