sábado, 22 de junio de 2019

FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos, as nenas, e as súas familias participaron nunha xornada repleta de sorpresas. 
Os mestres e as mestras que impartiron clase durante este curso académico queremos agradecer as familias e, sobre todo, ó alumnado polo seu traballo e dedicación durante este ano. Foi un pracer poder compartir experiencias, valores e aprendizaxe que, de seguro, non esqueceremos! 
Desexámosvos a tod@s un feliz verán!

Podedes ver a continuación algunhas das imaxes da xornada. 



jueves, 20 de junio de 2019

Saída a Puebla de Sanabria

O pasado mércores 19 de xuño o alumnado e mestres realizaron unha saída a Puebla de Sanabria (Zamora) onde puideron contemplar o seu patrimonio paisaxístico, medioambiental e monumental.
Alí puideron ver a o castelo dos Condes de Benavente, a Igrexa de Nosa Señora de Azoque, da beleza das súas rúas e, ata incluso disfrutar dun baño no lago.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da viaxe!












lunes, 17 de junio de 2019

Xornada de Educación Vial

O pasado venres 14 de xuño realizamos unha visita o CEIP Bibei de Viana do Bolo para poder participar na xornada de Educación Vial 2019. Alí, xunto cos nenos e coas nenas do CEIP Eduardo Ávila Bustillo e algún alumnado do IES Carlos Casares contemplamos demostracións do helicópero da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Viana do Bolo, do GES da Gudiña, da Policía Local e da ambulancia do 061 de Viana e do camión de bombeiros e da Cruz Vermella de A Gudiña.
Por outro lado, tamén realizamos actividades de interese como exercicios de Reanimación Cardio-Pulmonares (RCP) e circuítos con bicicletas, patíns e karts.
Disfrutamos dunha xornada de convivencia e aprendizaxe moi interesante! 







miércoles, 12 de junio de 2019

Reciclamos papel

Nas últimas sesións de educación artística, o mestre Félix levou a cabo unha actividade de reciclaxe de papel na que participaron todos os alumnos.
Para a súa elaboración aproveitamos os xornais vellos que recibimos no centro. 
Aquí vos deixamos unha mostra do noso alumnado que participou activamente na execución do papel. 

viernes, 17 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado día 16 de maio tivemos unha convivencia en A Veiga para celebrar o Día das Letras Galegas. Alí puidemos disfrutar cos nenos e coas nenas do CEIP Bibei de Viana do Bolo e o CEIP Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga duns talleres adicados as lendas, a lingua galega e as obras de Antonio Fraguas Fraguas. 
Ademáis, tod@s disfrutamos dun espectáculo protagonizado por un mago, o cal interactuou co alumnado presente na actuación. Posteriormente, saboreamos unha riquísima empanada e xogamos c@s demáis nen@s. 
En definitiva, encantounos poder coñecer os nenos da contorna e esperamos repetir en próximas edicións. O equipo docente queremos agradecer a ambos colexios a súa amabilidade e felicitar pola organización!























O Día das Letras Galegas deste ano 2019 adicouse a Antonio Fraguas Fraguas, que foi un escritor, historiador e etnógrafo de ideoloxía galeguista. A continuación mostramos un enlace no que se fai referencia a vida e obras de este escritor que defendeu a nosa lingua.


Vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas


jueves, 16 de mayo de 2019

Adiviña quen son?

As adiviñas son un recurso moi útil para fomentar nos nenos e nas nenas o pensamento, a imaxinación e a creatividade.  
Unha das actividades que realizamos o pasado martes foi o concurso "Adiviña quen son?" realizado na sesión de lectura da tarde. En dous grupos o alumnado enfrentouse a diversas adiviñas nas que tiveron que poñer en práctica toda a súa astucia.






Desde o centro recomendamos ter un libriño de adiviñas para aproveitar calquer momento de aburrimento nunha experiencia divertida en familia. Aquí vos deixamos dous exemplos!


lunes, 29 de abril de 2019

Continuamos despois da chuvia

Coa chegada do bo tempo, continuamos coas tarefas exteriores no horto do colexio. Os días de chuvia favoreceron o crecemento de malas herbas, pero ...sorpresa! os chícharos xa teñen flor!. 
Hoxe organizamos as tarefas e traballamos un pouquiño eliminando as malas herbas, botando as patacas e regando as plantas que temos. 
O alumnado, a profe Carmen e o profe Félix puideron disfrutar dunha rica ensalada elaborada pola cociñeira do centro cos produtos do horto.
Esperamos que sigamos coa colleita!



FIN DE CURSO!

O venres 21 de xuño celebramos no CEIP San Martiño a despedida do alumnado que rematou o curso nas etapas de Infantil e Primaria. Os nenos,...